II EDICIÓN PREMIOS FERROLTERRA EMPRENDE
Aje Ferrolterra fiel a súa filosofía de apoiar, motivar e orientar as iniciativas empresariais dos xoves organiza en colaboración co Concello de Ferrol, a súa “II Edición Premios Ferrolterra Emprende” co que se pretende recoñecer e premiar a labor e o éxito dos empresarios valorando o seu esforzo, imaxinación e o conxunto de atributos que levan a unha empresa a que sexa máis competitiva.
O premio constará dunha única categoría, dotada dun ciclo de actividades formativas enfocadas a directivos de empresas supondo para o empresario gañador unha difusión do seu traballo e da súa imaxe e conseguindo unha gran repercusión en medios de comunicación e entre o colectivo empresarial da comarca.
O acto de entrega do Premio terá lugar o día 23 de novembro do 2011 no “Centro Torrente Ballester de Ferrol” e contaremos coa presencia de personalidades das distintas Institucións Públicas e Entidades privadas como membros do xurado e patrocinadores/colaboradores deste evento.
Con anterioridade á entrega de Premios celebrarase unha “Gala de Presentación de Proxectos” na cal o xurado terá ocasión de valoralos un a un e coñecer de primeira man aos candidatos. Esta Gala celebrarase o día 21 de novembro nas instalacións da Universidade Da Coruña no campus de Ferrol.
Dende AJE Ferrolterra depositamos total confianza nesta Edición convidando a emprendedores e empresarios de toda a comarca a que presenten a súas ideas e o seus proxectos e agradecendo a patrocinadores, colaboradores e en especial aos nosos asociados todo o seu esforzo e implicación con nos nesta iniciativa que dende hai dous anos levamos a cabo.
| Presentación Proxectos | |
|---|---|
| Campus Esteiro | 21/nov | 19:00 | |
| Presentacion de proxectos por parte dos participantes | |
| Gala de Entrega Premios | |
|---|---|
| Torrente Ballester | 23/nov | 20:00 | |
| Recepción | |
Apertura acto
|
|
| Presentación empresas finalistas | |
| Entrega premios | |
| Acto clausura | |

















