VI Minimarket "Ferrolterra Emprende Xove"

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal celebra o próximo 10 de maio, no pavillón de As Lagoas en Narón, a VI Edición do Minimarket Ferrolterra Emprende en formato de feira. Un concurso entre os estudantes de ESO, Bachirelato e FP das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal con que se pretende fomentar a iniciativa emprendedora entre os máis novos.


Nesta edición, que está sendo a de máis éxito, contamos coa participación de 14 centros (IES Concepción Arenal, IES Sofia Casanova, Compañía de María, IES Fene, Ayala, Cristo Rey, Mercedarias, A Xunqueira Fene, Jorge Juan Perlio, IES Fernando Esquio, As mirandas Ares, IES Terra de Trasancos, Jorge Juan Narón, Rodolfo Ucha) que suman aproximadamente máis de 200 estudantes, y con 51 proxectos empresariais. Cada un disporá dun pequeno stand no recinto do evento no que expoñer a proposta de proxecto empresarial con a que concorreron a esta convocatoria.


O día do evento se abrirán portas ás 18:00 horas, sendo entrada libre para todos os interesados/as, amigos/as, familiares e compañeiros/as poidan coñecer de preto cada unha das iniciativas e votar polo proxecto que máis lles guste xa que un dos premios é a votación popular mediante papeleta.


Na entrega de galardóns, que levarase a cabo arredor das 20.30h, estará presente o Presidente de AJE Ferrolterra, Luís González Rey, e outras autoridades de entidades patrocinadoras e colaboradoras.


Esta feira é o punto final dun proceso de preparación que se desenvolveu durante todo o curso escolar e que os estudantes tiveron a ocasión de participar en un total de 7 talleres en cada cento impartidos por profesionais destinados a desenrolar facultades coma a capacidade de xestión, a autoestima, ,a creatividade, as habilidades sociais e persoais, o traballo en equipo....Ao mesmo tempo tiveron a oportunidade de coñecer a experiencia emprendedora dos/as xoves empresarios/as e ter un/ha mentor/a empresario/a para cada centro.


A iniciativa conta co patrocinio de Concello de Ferrol, o Concello de Narón, e a colaboración de A Deputación de A Coruña, Cándido Hermida, Gadis, Ortegal Oil y J. Rilo.

2019-05-07 Noticias