Presentación da nova edición do programa "Adiante Narón" o venres 23

Xunto co Concello de Narón organizamos unha nova edición do programa Adiante Narón, dirixido a emprendedores e emprendedoras e tamén a empresas de Narón. O programa preséntase o vindeiro venres 23 no Café Teatro do Pazo da Cultura ás 10:00 horas, sendo preciso inscribirse previamente na dirección aje@cofernet.com para acudir presencialmente debido ás restriccións. O acto, para dar cumprimento ás medidas preventivas establecidas pola Covid-19, tamén emitirase por YouTube para quen desexe seguilo de forma telemática.


O programa constará de catro formacións transversais, ás que poderán asistir emprendedores/as ou empresarios/as que desexen mellorar os seus coñecementos no desenvolvemento empresarial ou a comercialización e comunicación dos seus productos e servizos, e a maiores buscarnse dez proxectos de emprendedores/as de Narón para tutorizalos coa axuda de 3 titores especializados en diferentes áreas para lograr os obxetivos fixados.


!Contamos contigo!

2020-10-23 Noticias