Comeza unha nova edición do MBA Executive en EEN, con desconto para asociados
21/02/2012

A Escola Europea de Negocios (EEN), unha das máis importantes institucións de formación de postgraduados e directivos con máis de 25 anos de experiencia, ten o pracer de ofrecer un 15% de desconto aos membros das asociacións que forman a Federación Galega de Xoves Empresarios- AJE Galicia na nova edición do programa MBA Executive que comezará en marzo.
Pode obter máis información sobre o programa enviando un correo a coordinacion.galicia@een.edu, chamando ao teléfono 610 575 352, ou visitando a páxina web www.een.edu.



















































