Cargando Eventos

« Todos los Eventos

XI Edición Premios Ferrolterra Emprende

octubre 2 @ 19:30 - 21:00

VOLVEN OS PREMIOS FERROLTERRA EMPRENDE!

 

Un ano máis, AJE Ferrolterra organiza a XI Edición dos Premios Ferrolterra Emprende, unha cita coa que queremos recoñecer o talento, o esforzo e a capacidade das persoas emprendedoras e empresarias que contribúen ao desenvolvemento do noso territorio.

📅 2 de outubro de 2026
📍 Castelo de San Felipe – Ferrol
🕢 19:30 h- 21:00 h

Antes de presentar a túa candidatura, identifica a túa categoría

O primeiro paso é comprobar en que das dúas categorías principais encaixa a túa empresa:

PREMIO INICIATIVA EMPRENDEDORA 2026

Se a túa empresa foi constituída con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2025.

PREMIO XOVE EMPRESARIO/A 2026

Se a túa empresa foi constituída con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2025.

Ademais, para participar nesta categoría deberás non ter cumpridos os 41 anos na data de presentación da candidatura. A empresa deberá ter domicilio social en Ferrolterra, Eume ou Ortegal e, como mínimo, o 20 % do capital social deberá estar participado por persoas físicas menores de 41 anos.

Bases_XI Edición Premios Ferrolterra Emprende

Xa sabes en que categoría participas?

Agora só tes que preparar a documentación correspondente.

Deberás enviar:

✓ O formulario da categoría correspondente:

✓ A declaración xurada de veracidade dos datos, segundo o modelo facilitado: Declaración Xurada

DNI/NIE da persoa solicitante ou representante legal da empresa.

Certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social: AEAT, TXSS e ATRIGA.

Logotipo da empresa en formato dixital.

Fotografía da persoa candidata ou do equipo promotor.

Tamén poderás achegar documentación adicional que consideres relevante para reforzar a candidatura.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Tes ata o mércores 23 de setembro de 2026 ás 23:59 h para enviar toda a documentación.

📩 info@ajeferrolterra.org

Se tes calquera dúbida sobre a categoría, a documentación ou o proceso de participación, podes contactar connosco:

📞 634 164 508
📩 info@ajeferrolterra.org

Estaremos encantados de atenderte e axudarche no que necesites.

Presenta a túa candidatura e participa na XI Edición dos Premios Ferrolterra Emprende.

Detalles

  • Fecha: octubre 2
  • Hora:
    19:30 - 21:00

Organizadores

  • AJE Ferrolterra
  • AJE Galicia

Recinto

  • Castelo de San Felipe
  • Ferrol, A Coruña 15591 Spain + Google Map
  • Teléfono 634 16 45 08