XI Edición Premios Ferrolterra Emprende
VOLVEN OS PREMIOS FERROLTERRA EMPRENDE!

Un ano máis, AJE Ferrolterra organiza a XI Edición dos Premios Ferrolterra Emprende, unha cita coa que queremos recoñecer o talento, o esforzo e a capacidade das persoas emprendedoras e empresarias que contribúen ao desenvolvemento do noso territorio.
📅 2 de outubro de 2026
📍 Castelo de San Felipe – Ferrol
🕢 19:30 h- 21:00 h
Antes de presentar a túa candidatura, identifica a túa categoría
O primeiro paso é comprobar en que das dúas categorías principais encaixa a túa empresa:
✓ PREMIO INICIATIVA EMPRENDEDORA 2026
Se a túa empresa foi constituída con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2025.
✓ PREMIO XOVE EMPRESARIO/A 2026
Se a túa empresa foi constituída con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2025.
Ademais, para participar nesta categoría deberás non ter cumpridos os 41 anos na data de presentación da candidatura. A empresa deberá ter domicilio social en Ferrolterra, Eume ou Ortegal e, como mínimo, o 20 % do capital social deberá estar participado por persoas físicas menores de 41 anos.
Bases_XI Edición Premios Ferrolterra Emprende
Xa sabes en que categoría participas?
Agora só tes que preparar a documentación correspondente.
Deberás enviar:
✓ O formulario da categoría correspondente:
- Anexo I – Premio Xove Empresario/a: Anexo 1 y 2_JOVEN EMPRESARIO
- Anexo I– Premio Iniciativa Emprendedora: Anexo 1 y 2_INICIATIVA EMPRENDEDORA
✓ A declaración xurada de veracidade dos datos, segundo o modelo facilitado: Declaración Xurada
✓ DNI/NIE da persoa solicitante ou representante legal da empresa.
✓ Certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social: AEAT, TXSS e ATRIGA.
✓ Logotipo da empresa en formato dixital.
✓ Fotografía da persoa candidata ou do equipo promotor.
Tamén poderás achegar documentación adicional que consideres relevante para reforzar a candidatura.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Tes ata o mércores 23 de setembro de 2026 ás 23:59 h para enviar toda a documentación.
Se tes calquera dúbida sobre a categoría, a documentación ou o proceso de participación, podes contactar connosco:
📞 634 164 508
📩 info@ajeferrolterra.org
Estaremos encantados de atenderte e axudarche no que necesites.
Presenta a túa candidatura e participa na XI Edición dos Premios Ferrolterra Emprende.