IX Edición premios FerrolTerra Emprende

A IX edición dos Premios Ferrolterra Emprende celebrouse no Teatro Jofre de Ferrol o 25 de outubro de 2024, nunha gala que reuniu a máis de 200 asistentes.

Os premios recoñeceron os mellores proxectos emprendedores da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal en diversas categorías: mellor proxecto emprendedor, mellor traxectoria empresarial, innovación social e premio xove emprendedor.

O evento contou coa colaboración de institucións como a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e os concellos da comarca, ademais de numerosos patrocinadores privados.

Os gañadores recibiron un paquete de servizos de asesoramento, visibilidade e formación para impulsar os seus proxectos empresariais.

Ir al contenido