X Edición premios FerrolTerra Emprende

AJE Ferrolterra convoca a X edición dos Premios Ferrolterra Emprende, unha cita anual que recoñece o talento emprendedor e empresarial da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Nesta edición conmemórase o décimo aniversario dos premios, consolidados como o principal recoñecemento ao emprendemento na zona norte da provincia da Coruña. As candidaturas están abertas para proxectos empresariais innovadores, con impacto social e económico no territorio.

Os premios contan co apoio institucional do Concello de Narón, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como de numerosas empresas colaboradoras da comarca.

A gala de entrega celebrarase no outono de 2025 nun acto aberto ao público que reunirá a empresarios, emprendedores e representantes institucionais.

Ir al contenido