A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume y Ortegal nace no ano 2.003 por iniciativa dun grupo de empresarios que se unen no só para representar e defende-los intereses profesionais dos seus membros senón tamén para promover e fomenta-la cultura empresarial e emprendedora na comarca coa finalidade de estimula-lo autoemprego e contribuir, dalgún xeito, a mellora-la situación económica e industrial actual.
AJE Ferrolterra é unha asociación políticamente independente e sen ánimo de lucro que desenvolve a súa actividade ó amparo duns Estatutos redactados según os principios da Democracia en base ós que se pretende acadar unha maior colaboración e unha relación máis fructífera entre os emprendedores e os empresarios xa establecidos.
A nosa asociación está integrada na Confederación de Empresarios de Ferrol e ademáis de atender as necesidades de información, formación e asesoramento dos seus membros, promove acordos con outros organismos e entidades para tratar de estimula-las inquedanzas empresariais da xuventude de Ferrolterra.
" Os intereses dos xóvenes empresarios, son os nosos intereses"