Networking en Combate: Paintball para conectar
O 29 de maio, AJE Ferrolterra, en colaboración con AJE Galicia, celebrou unha iniciativa de networking cun formato diferente e moi dinámico. Nesta ocasión, 14 emprendedores e empresarios/as de Ferrolterra déronse cita nas instalacións de Rompebolas Paintball, en Neda, para demostrar que facer contactos tamén pode ser sinónimo de diversión.
Durante a tarde, os asistentes participaron en varias partidas de paintball que permitiron romper o xeo desde o primeiro momento, fomentar o traballo en equipo e crear novas conexións profesionais nun ambiente distendido.
Ao remate da actividade deportiva, os asistentes puideron continuar coa xornada arredor dun pincho, un espazo perfecto para seguir coñecéndose, presentar os seus proxectos e explorar posibles colaboracións e sinerxías entre os distintos negocios representados.
Desde AJE Ferrolterra queremos agradecer a todas as persoas que participaron e contribuíron a crear un ambiente excepcional, demostrando unha vez máis o valor da colaboración e do espírito emprendedor da nosa comarca.
Tamén queremos recoñecer o apoio dos colaboradores que fixeron posible esta actividade, especialmente ao equipo de Rompebolas Paintball pola súa implicación na organización da xornada, a La Première Café pola deliciosa merenda e a Onda Viral Agencia por captar os mellores momentos do evento.
En AJE Ferrolterra seguimos apostando por iniciativas que impulsen as relacións profesionais, fomenten a cooperación entre empresas e contribúan ao fortalecemento do tecido empresarial de Ferrolterra.
Vémonos na próxima actividade!
